Robertoliveira: “Os meus concertos son multisensoriais”

Robertoliveira (así, todo xunto) é un artista diferente, un percusionista que sorprende en cada un dos seus espectáculos. Nado en Salceda de Caselas, ten tocado por toda a xeografía española e en salas de concerto e festivais de países tan dispares como Irlanda, Marrocos, Brasil, Estados Unidos ou China. En … Segue lendo

Croma: “O que temos en Galicia non ten nada que envexar aos dj´s ou produtores foráneos”

Con vinte anos de traxectoria, Croma é xa todo un mestre da música electrónica. Natural de Ordes aínda que afincado en Compostela desde hai tempo, este dj e produtor vén de gañar un dos Premios Martín Códax da Música.  O tamén compositor formou parte da extinta banda Decepticons coa que chegou a  alcanzar … Segue lendo

Óscar Quintana, mellor camareiro de España: “Temos que lograr que a experiencia gastronómica do cliente sexa marabillosa”

Aquí onde o vedes este compostelán é o mellor camareiro de España. Polo menos deste ano 2016! Óscar Quintana, xefe de sala do restaurante Culler de Pau (O Grove), obtivo o título no concurso que se celebrou hai unhas semanas no marco da Feira Alimentaria, en Barcelona. E non foi … Segue lendo

Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural: “A situación da cultura é de resistencia”

Branca Novoneyra é desas persoas que fala polos cóbados, pero á que dá gusto escoitar porque o fai amodo e amosando ese amor pola cultura que mamou desde que chegou a este mundo. Filla de Uxío Novoneyra, primeiro foi bailarina e poeta. A ilusión por cambiar as cousas levouna a … Segue lendo

Nico Casal, un compostelán de Óscar: “Tendo sorte e currando, todo é posible”

Nico en Londres. Foto: Noela Roibás

Gañar un Oscar! Cantos soñan con iso? E cantos o conseguen? Nico Casal é un dos que poden dicilo. O músico compostelán é o autor da banda sonora de Stutterer, gañadora do galardón á mellor curtametraxe na pasada edición dos  premios da Academia de cine norteamericana. Residente en Londres, o que … Segue lendo

Brais Morán: “Cruzando o eclipse é un antes e un despois, un paso cara á madurez”

A xente que me coñece sabe que son unha gran admiradora da voz do sr. Carlos Tarque, cantante de M-Clan. Encántame a sonoridade do grupo, sobre todo a da súa primeira etapa. Foi inmensa a miña sorpresa cando escoitei o primeiro traballo en solitario do meu bo amigo Brais Morán, … Segue lendo