‘Compostela é Música’ nace para apoiar aos artistas da cidade

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, xunto cos  membros do agrupación Músicos ao Vivo: Nastasia Zürcher, Xabier Mera e Xacobe Martínez Antelo presentaron hoxe o proxecto ‘Compostela é Musica’.

Trátase dunha plataforma online na que se representará a escea musical da cidade co obxectivo de crear un censo oficial, público e actualizado por programadores culturais, e que servirá tamén como lugar de encontro para os propios artistas.

O plazo de inscripción estará aberto desde o 15 de febreiro ata o 15 de marzo. Para formar parte da base de datos é preciso que un mínimo do 50% dos membros do proxecto musical desenvolva con regularidade a súa base de acción profesional musical en Santiago, e que un mínimo do 50% dos membros do grupo sexan residentes en Compostela e/ou comarca.

A plataforma tamén permitirá ter unha idea máis exacta de cantos grupos temos na cidade. Segundo explicou Xabier Mera, “a asociación de Músicos ao Vivo fixera un primeiro censo informal, e xa contabilizara 80 grupos e artistas, só de xente próxima”.

“Nos permitirá coñecer mellor o carácter da música na nosa cidade, saber que estilos predominan entre os grupos locales e  cales poden ser as súas carencias”, siñalou Xacobe Martínez Antelo, un dos promotores da iniciativa.

“Queremos crear un espazo de debate aberto a todos os músicos de Compostela”, apuntou Nastasia Zürcher,  artista implicada na creación deste recurso.

O alcalde da capital galega, Martiño Noriega, manifestou o seu  apoio ao proxecto e aos  músicos locais, “para o Goberno é unha prioridade que os artistas locais teñan a oportunidade de mostrar o seu potencial”.

Bookmark the permalink.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*