Quen somos

Detrás de Pincha(e)Discos estamos un grupo de profesionais da comunicación e do márketing con ganas de ofrecer aos veciños e turistas composteláns un portal onde coñecer todo o que acontece na comarca relacionado coa gastronomía e a cultura.

Somos xente de bo dente, que gozamos coas actuacións en directo en bares e restaurantes e cunha cidade na que a arte ocupe un lugar preferente. Se ti tamén es fan da boa comida, das reunións cos amigos tomando unhas cañas despois de traballar e dun tempo de ocio cheo de concertos e obras teatrais, este é o teu sitio!

Poderás lernos nesta páxina web e na revista en versión papel que publicamos cada dous meses.

Se queres contactar connosco, podes localizarnos en:

pinchaediscos@pinchaediscos.com 

Comments are closed