Que facemos

Pincha(e)Discos pon no mercado varios produtos e servizos que resumimos a continuación:

PRODUTOS

Revista Pincha(e)Discos
Revista de tirada bimensual distribuída en Santiago de Compostela e a súa comarca e centrada en reportaxes e entrevistas en profundidade sobre o mundo da hostalaría, a gastronomía e a cultura nesta ubicación xeográfica.

www.pinchaediscos.com
Páxina web con informacións relacionadas co mundo da hostalaría, a gastronomía e a cultura no mesmo ámbito. Este soporte complementa a revista ofrecendo novas de actualidade, vídeos das reportaxes e entrevistas publicadas no formato papel, bloggers especializados nestes sectores e un amplo directorio das empresas e profesionais colaboradores.

SERVIZOS

Organización de eventos Pincha(e)Discos
Deseño, planificación e produción de distintas actividades relacionadas coa cultura, a gastronomía e a hostalaría co obxectivo de promocionar estes sectores.

Organización de eventos para terceiros
Organización de eventos para locais de hostalaría como celebracions, aniversarios, presentacions, actividades culturais, catas, etc.

Comments are closed