Un cento de tapas compiten no IX Santiago(é)Tapas

Unha das tapas que participaron na pasada edición.

A novena edición de Santiago(é)tapas comezará este xoves, 17 de novembro, e se prolongará ata o domingo 4 de decembro. En total, ofertaranse 104 tapas – todas a un prezo de 2,5 euros – repartidas entre os 68 locais participantes. O concurso divídese en cinco rutas ou (é)tapas que, a modo … Segue lendo

CompHostelería, a revista da Asociación Hostelería Compostela, agora con Pincha(e)Discos

A Asociación Hostelería Compostela presentou esta mañá a súa nova revista CompHostelería, que non se publicaba desde hai meses e agora farao de xeito bimensual xunto con Pincha(e)Discos. Os vicepresidentes, Germán González e Carlos Tardáguila, e a secretaria de Hospedaxe, Rita Sobrado, foron os encargados de explicar esta nova iniciativa … Segue lendo

A Asociación Hostelería Compostela formará a persoas en risco de exclusión social

O próximo luns, 4 de abril, arrancará un novo curso da Asociación Hostelería Compostela, desta vez, dirixido a persoas en risco de exclusión social da cidade. Esta formación será posible gracias a un convenio de colaboración que asinaron esta mañá os presidentes da entidade, Sara Santos Ferreiro e Antonio Riveiro Codesido, … Segue lendo

José Antonio Riveiro e Sara Santos: “Este ano queremos que Hostelería Compostela sexa un órgano integrador para todos os socios”

José Antonio Riveiro e Sara Santos, presidentes da Asociación Hostelería Compostela. Foto: Suso Rivas

En febreiro fará un ano da chegada de José Antonio Riveiro e Sara Santos á presidencia da Asociación Hostelería Compostela. Doce meses nos que tiveron que tomar duras decisións pero que serviron para reconducir unha entidade cunha angustiosa situación económica e serios problemas de unión. O 2016 preséntase agora como … Segue lendo

Menús especiais de Coresma, ovos e roscas de Pascua… empeza unha Semana Santa para comela

Silvia, da Pastelería Lupana, amósanos algúns ovos de Pascua.

Hoxe arranca a Semana Santa en Compostela e, ademais das 17 procesións que percorrerán a cidade estes días, os máis lambóns estamos de noraboa porque comeza a terceira edición do Santiago Paixón. Un total de 18 establecementos prepararon menús especiais de Coresma que se servirán a 18 euros cada un desde … Segue lendo

Hostelería Compostela estrea directiva prometendo transparencia e unión

A nova directiva da Asociación Hostelería Compostela.

Hostelería Compostela xa ten novos presidentes. Sara Santos, do Hotel Rúa del Villar, está á cabeza da rama de Hospedaxe e José Antonio Riveiro, do restaurante A Casa da Viña, da de Restauración. A nova directiva (composta por 24 membros que podes consultar neste enlace: DIRECTIVAhostalería2015) foi presentada hoxe aos medios … Segue lendo