Á rica verdura de tempada con Alberto Lareo, do restaurante Manso

Un dos pratos con verduras do restaurante Manso.

Metidos de cheo na primavera e cada vez máis preto do verán, estamos en tempo de encher o bandullo con froitas e verduras. E sobre todo, de saborealas, porque moitas delas están agora máis ricas que nunca! Un dos chefs con máis sona de Santiago, Alberto Lareo, do restaurante Manso, … Segue lendo

Falando con Kike Piñeiro e Eloy Cancela do restaurante A Horta do Obradoiro

A sección Comer e Falar lévanos desta vez ata un novo restaurante compostelán, A Horta do Obradoiro. Alí o noso colaborador, José Manuel García, entrevista a dous chefs e bos amigos, Kike Piñeiro e Eloy Cancela. Queres ver a súa visita guiada? Houbo ata maxia!

Alejandro Oubiña e Alén Tarrío, do Café de Altamira: “Aos clientes hai que tratalos como se fosen da túa familia”

Alejandro e Alén no Café de Altamira.

Que é o que busca calquera de nós cando saímos a comer fóra? Soborosas propostas e un bo trato. Por iso Alén Tarrío, chef do Café de Altamira, e Alejandro Oubiña, xefe de sala, teñen claro que o seu ten que ser un traballo en equipo perfecto. Levan tan só un mes … Segue lendo

Iago Castrillón: “Sempre estarei ligado a Santiago, pero despois do Acio non sei cara onde me levaran os novos proxectos”

O ano 2015 arrancou cunha gran perda para a hostalería compostelá: o peche do restaurante Acio, o único da cidade con dous soles da Guía Repsol. Os seus promotores, a sumiller Eva Pizarro e o chef Iago Castrillón, anunciaban o pasado 7 de xaneiro a través das redes sociais o inicio … Segue lendo

Santiago, capital do bo comer durante os dez días do festival Compostela Gastronómica

Que en Santiago se come de luxo, sabémolo ben en Pincha(e)Discos. Pero toca agora demostralo ao resto do mundo a través do I Festival da Cocina Galega ‘Compostela Gastronómica’ que se celebrará na nosa cidade do 19 ao 28 de setembro. O programa inclúe 14 charlas impartidas por cociñeiros para profesionais … Segue lendo

Jorge Iglesias: “O restaurante Resas é a miña sala de xogos, onde podo dar forma aos meus inventos culinarios”

Jorge no Resas cun prato de Chow Mein.

Cando o chef Jorge Iglesias era pequeno e chegaba a súa nai a casa despois de traballar, Pilar atopábase cunha bica ou cun flan caseiro listo para degustar. O neno, de tan só uns 11 ou 12 anos, facíao coma unha distracción máis; sen pensar en ningún momento que a de … Segue lendo