Cineuropa celebra os seus 30 anos proxectando máis de 200 filmes

O festival de cine Cineuropa celebra neste 2016 a súa 30ª edición do 8 ao 27 de novembro. Nela, poderemos ver un total de 213 filmes, dos cales 30 competirán na Sección Oficial polo Premio do Público. Este ano, ademais, o festival entregará tres Premios: un especial ao cineasta Carlos … Segue lendo

Compostela acolle a Semana de Cinema Euroárabe AMAL do 24 ao 29 de outubro

A décimo cuarta Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2016 celebrarase entre os días 24 e 29 de outubro no Auditorio ABANCA (rúa Preguntoiro, 23) de Compostela. AMAL continúa nesta nova edición coa súa filosofía de sempre, achegar a cultura árabe á sociedade galega. ‘AMA, LOITA, SOÑA, AMAL’ é o lema … Segue lendo

A XIII edición de Curtocircuíto celebrarase do 3 ao 9 de outubro

O crítico de cinema Jonathan Rosenbaum.

Un total de 65 películas participarán na sección oficial do XIII Festival Internacional de Cine Curtocircuíto que se celebrará en Santiago do 3 ao 9 de outubro. Os filmes, procedentes de 77 países, concursarán nas categorías Radar, Explora, Penínsulas e Planeta GZ. A sección Penínsulas pasa este ano a ser competitiva, e … Segue lendo

Preto de 50 propostas musicais, escénicas, cinematográficas no WOS Festival do 7 ao 11 de setembro

The Oh Sees, unha das bandas confirmadas no WOS Festival.

WOS é un festival urbano que se celebra en once das localizacións turísticas e culturais máis importantes de Santiago de Compostela. Cun programa estruturado en torno á música, que se converte nunha ruta turística, arquitectónica e artística pola cidade, WOS ofrece unha mostra da cultura contemporánea, tanto de produción local como … Segue lendo

Nico Casal, un compostelán de Óscar: “Tendo sorte e currando, todo é posible”

Nico en Londres. Foto: Noela Roibás

Gañar un Oscar! Cantos soñan con iso? E cantos o conseguen? Nico Casal é un dos que poden dicilo. O músico compostelán é o autor da banda sonora de Stutterer, gañadora do galardón á mellor curtametraxe na pasada edición dos  premios da Academia de cine norteamericana. Residente en Londres, o que … Segue lendo

A cousa vai de cine! Arranca o Curtocircuíto, xa hai premiados de Cineuropa e achégase o Festival Amal

Fotograma de 'As mil e uma noites', de Miguel Gomes.

Os amantes do cine teñen por diante días moi intensos en Compostela! Mañá, 6 de outubro, arranca unha nova edición do Curtocircuíto; a finais de mes será o turno do Amal e xa para novembro volveremos gozar do festival Cineuropa. A xornada inaugural de Curtocircuíto estará marcada polos pases de … Segue lendo