Un cento de tapas compiten no IX Santiago(é)Tapas

Unha das tapas que participaron na pasada edición.

A novena edición de Santiago(é)tapas comezará este xoves, 17 de novembro, e se prolongará ata o domingo 4 de decembro. En total, ofertaranse 104 tapas – todas a un prezo de 2,5 euros – repartidas entre os 68 locais participantes. O concurso divídese en cinco rutas ou (é)tapas que, a modo … Segue lendo

Cineuropa celebra os seus 30 anos proxectando máis de 200 filmes

O festival de cine Cineuropa celebra neste 2016 a súa 30ª edición do 8 ao 27 de novembro. Nela, poderemos ver un total de 213 filmes, dos cales 30 competirán na Sección Oficial polo Premio do Público. Este ano, ademais, o festival entregará tres Premios: un especial ao cineasta Carlos … Segue lendo

A cousa vai de cine! Arranca o Curtocircuíto, xa hai premiados de Cineuropa e achégase o Festival Amal

Fotograma de 'As mil e uma noites', de Miguel Gomes.

Os amantes do cine teñen por diante días moi intensos en Compostela! Mañá, 6 de outubro, arranca unha nova edición do Curtocircuíto; a finais de mes será o turno do Amal e xa para novembro volveremos gozar do festival Cineuropa. A xornada inaugural de Curtocircuíto estará marcada polos pases de … Segue lendo

José Luis Losa: “Cineuropa amosa un cine que se achega moito ás emocións, non é para gafapastas ou pseudointelectuais”

Imaxe de 'Magical Girl', película que protagoniza Bárbara Lennie, unha das gañadoras dos Premios Cineuropa 2014.

Acompañados polas tapas dun bar en pleno centro de Compostela e polo son da choiva que caía con forza ao outro lado do cristal, a nosa conversa durou máis dunha hora. Había moito do que falar. José Luis Losa leva 28 anos, os mesmos que cumpre Cineuropa, organizando un dos … Segue lendo