Obradoiros de cociña, un mannequin challenge colectivo e concertos de grupos noveis nas Festas de Nadal compostelás

O Mercado de Nadal en Carreira do Conde. Foto: Concello de Santiago

Esta mañá presentouse no Concello a programación para estas Festas de Nadal, que este ano levan por lema ‘Conto, canto o Nadal’. O groso das propostas arrancarán a mediados deste mes combinando actividades tradicionais xa consolidadas con propostas máis novidosas e dirixidas a novos públicos como o xuvenil. Así, nesta edición intensifícanse … Segue lendo

Maridaxe dos sentidos con licores e melindres ricos ricos na Praza de Abastos compostelá

A Asociación da Repostería Tradicional de Melide (Melide Terra Doce) e o Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e os Licores Tradicionais de Galicia ofreceron esta mañá unha completa sesión de Maridaxe dos Sentidos. Unha trintena de persoas acudiron a esta cita que se desenvolveu na Aula Gastronómica do … Segue lendo

Un decembro do máis saboroso con Compostela Gastronómica e o Camiño das Burbullas

Rematamos novembro coa fin do Santiago(é)Tapas e comezamos o novo mes con novas actividades para chuparnos os dedos! Desde o 1 de decembro celébrase o ‘Camiño das Burbullas. Ruta dos Escumosos’ e o 19 comezará unha nova edición do Compostela Gastronómica. O primeiro estase a desenvolver en 19 locais da cidade: Horta D’Obradoiro, … Segue lendo

Recomendacións Pincha(e)Discos I: A sesión vermú na zona do Mercado de Abastos

Despois de tanta chuvia, o sol volve ás vidas dos composteláns. E como os caracois, dámonos á rúa. Sendo sábado pola mañá hai unha zona que destaca desde hai uns meses polo seu ambiente. Trátase do entorno do Mercado de Abastos, que se enche de turistas, compradores e veciños que … Segue lendo

Música, artes escénicas, cine, gastronomía e debate nun WOSINC que se presenta este xoves en Santiago

Sun Araw por Alisa Lyudinshina.

A terraza da Fundación Eugenio Granell acolle este xoves, 3 de setembro, a festa de presentación da segunda edición do WOSINC. O festival celebrarase en Santiago do 11 ao 13 do mesmo mes con máis de corenta propostas internacionais de música, artes escénicas, cine, gastronomía e debate. Nesta primeira actuación o gran … Segue lendo

Compostela Gastronómica arranca coas propostas de máis de vinte restaurantes na reformada Nave 5

Hoxe arrancou a segunda edición de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, que se celebra na cidade ata o próximo martes, 21 de abril. En Pincha(e)Discos aproveitamos a xornada para visitar o Espazo Gastro do Mercado de Abastos. Alí estarán ata este sábado, en horario de 12:00 a 15:00 horas, … Segue lendo