Guadi Galego, Funambulista, Rozalen e outros moitos tocarán coa súa banda no Santiautor 2017

Desde o 3 de marzo ata o 30 de maio celebrarase a VIII edición do Santiautor. Todos os concertos incluídos no evento musical terán lugar na Sala Sónar, precursora do certame; no Teatro Principal,  na Sala Capitol e tamén no Auditorio de Galicia que é a nova incorporación desta edición … Segue lendo

O mellor Blues&Soul nos directos da banda MOJO EXPERIENCE

Desta vez tivemos o pracer de falar cos integrantes da banda compostelá de Blues&Soul, MOJO EXPERIENCE. A día de hoxe, compoñen o grupo musical Diego Negro (voz), Roque Mosquera (batería), Guillermo Vistoso (guitarra), Katia Del Río (teclado), Alejandro Castiñeiras (baixo) e Pau Castiñeira (coros). Aínda que xa é coñecida por … Segue lendo

Obradoiros de cociña, un mannequin challenge colectivo e concertos de grupos noveis nas Festas de Nadal compostelás

O Mercado de Nadal en Carreira do Conde. Foto: Concello de Santiago

Esta mañá presentouse no Concello a programación para estas Festas de Nadal, que este ano levan por lema ‘Conto, canto o Nadal’. O groso das propostas arrancarán a mediados deste mes combinando actividades tradicionais xa consolidadas con propostas máis novidosas e dirixidas a novos públicos como o xuvenil. Así, nesta edición intensifícanse … Segue lendo

Santiago, listo para acoller o maior evento internacional de música de raíz, o Womex 2016

O casco histórico de Santiago e a Cidade da Cultura de Galicia acollerán entre o 19 e o 23 de outubro a vixésima segunda edición de Womex. Arredor de 2.500 persoas de máis de 100 países, 300 músicos, entre eles os galegos Radio Cos, Xabier Díaz e Narf, e preto … Segue lendo

Visitamos a Sala Riquela, un novo espazo gastronómico e cultural en plena zona vella compostelá

Martín Calviño na Sala Riquela.

A principios de mes abriu no Preguntoiro as súas portas un novo local desos que nos gustan tanto en Pincha(e)Discos: a Sala Riquela. Con dous ambientes ben diferenciados – Riquela Bar e Riquela Club – o establecemento do compostelán Martín Calviño combina comida, música e bebidas. “É o que levaba … Segue lendo

Preto de 50 propostas musicais, escénicas, cinematográficas no WOS Festival do 7 ao 11 de setembro

The Oh Sees, unha das bandas confirmadas no WOS Festival.

WOS é un festival urbano que se celebra en once das localizacións turísticas e culturais máis importantes de Santiago de Compostela. Cun programa estruturado en torno á música, que se converte nunha ruta turística, arquitectónica e artística pola cidade, WOS ofrece unha mostra da cultura contemporánea, tanto de produción local como … Segue lendo