Andrés Penabad: “Bipolar é un disco pensado para os directos coa miña banda”

Cunha caña de por medio na Praza de Cervantes compostelá (á que el convidou, débese dicir, porque quedou gravado ;)) converso con Andrés Penabad, gran acordeonista, amigo e veciño das Pontes, que acaba de presentar o seu segundo disco, Bipolar, no que reúne composicións propias, de Fernando Barroso e dúas … Segue lendo

Davide Salvado: “Lobos dignifica esas melodías arcaicas das que se pensa que só se poden tocar con pandeireta”

Davide Salvado é un dos referentes da música tradicional galega. Foto: Víctor Nieves.

A el pegáballe máis unha fraga, un pazo ou mesmo un pub calquera do casco vello de Compostela, mais Davide e máis eu rematamos tomando un café e un zume de laranxa (porque el non toma lácteos) no Café Casino, ‘secuestrado’ no medio de todo o rebumbio mediático da presentación … Segue lendo

Talabarte arranca xira unindo a súa música co mellor da nosa cociña

Boa música, petiscos variados e vermú galego Nordesía nuns escenarios únicos da xeografía galega. Todo iso nos ofrece ‘Talabarte Music and Food’, o novo espectáculo do grupo Talabarte que estará en xira neste mes de xuño. Quim Farinha, Kin García e Pedro Pascual forman este trío que, partindo do folk … Segue lendo

Sés: “Todo o que ves en escea de min é 100% verdade”

ATENCIÓN! Achégase furacán feminino de alta voltaxe enerxética! Se vos dixese isto acompañado desta gran frase: “Perdónoche o mal que me fas polo ben que me sabes”, a maioría de vós, que nos estades a ler, xa saberiades de quen falo. Ela é María Xosé Silvar, máis coñecida coma Sés, … Segue lendo

Dj Bigote Mix: “Gústame que a xente que vén ás miñas sesións desfrute coa música e ligue, porque hai que facer país”

Dj Bigote Mix (no centro) con Pincha(e)Discos.

Sábado 16 de agosto. Restaurante Resas en Santiago de Compostela. Son as 12:30 e está a piques de comezar a sesión vermú co Dj Bigote Mix. “Aquí pincho música para mover por dentro da cabeza, non é para bailar”, explica. Soa unha canción ben movida de James Brown. “Esta é para … Segue lendo