Boa música, comida e xente na presentación da tapa do Outono Códax Festival

O pasado sábado o restaurante Resas acollía a presentación da tapa oficial do Outono Códax Festival, o festival de música negra que se está a celebrar en Compostela. O evento, organizado en colaboración con Pincha(e)Discos contou coa actuación en directo dos Velvet Candles, considerado como un dos mellores grupos estatais … Segue lendo

Soul, doo-woop, gospel e a presentación da tapa oficial, na segunda xornada do Outono Códax Festival

Os Velvet Candles actuarán na session out e no concerto da noite.

Despois dun vibrante arranque esta fin de semana, o Outono Códax Festival, o festival galego de música negra que se celebra en Santiago, continúa o próximo sábado, 26 de setembro, con grandes grupos sobre o escenario da Sala Capitol e a presentación da súa tapa oficial, en colaboración con Pincha(e)Discos. Será … Segue lendo

O Festival Primos Hermanos reúne en Santiago o mellorciño da música e a gastronomía asturiana

Pregunta fácil: Cales son dúas das cousas que máis nos gustan en Pincha(e)Discos? A boa comida e a boa música. Por iso encántanos que en Santiago se celebren festivais como o de Primos Hermanos, que terá lugar este sábado 7 de marzo na cidade.  Cinco bandas asturianas en tres locais diferentes … Segue lendo

Falando da presentación de Pincha(e)Discos en papel

Pincha(e)Discos presentaba o pasado venres a súa revista en papel e alí non podía faltar o noso colaborador José Manuel García, que fixo este divertido vídeo para a súa sección Comer e Falar.

Gran festa para celebrar o lanzamento do primeiro número en papel da revista Pincha(e)Discos

A revista presentouse no restaurante Resas. Foto: Suso Rivas susorivas.com

Onte foi un día moi especial para nós! O restaurante Resas, na Algalia de Abaixo, acolleu a festa de presentación da primeiro número en papel da nosa revista. Ademais desta páxina web, Pincha(e)Discos achegará agora tamén cada dous meses aos veciños e turistas composteláns toda a información gastronómica e cultural da … Segue lendo

Marisco, carnes, peixes e moito viño nas ceas de empresa de Nadal en Compostela

No restaurante Vacavella, en Bertamiráns, xa se pode reservar mesa para as ceas de empresa de Nadal.

Chega decembro e con el as tradicionais ceas de empresa de Nadal. Por unha noite, xefes e empregados esquecen xuntos o estrés do día a día – ou polo menos inténtano. Pero que nos ofrecen os restaurantes composteláns? Nesta nova facemos un repaso a algúns dos menús especiais que xa … Segue lendo