Boa música, comida e xente na presentación da tapa do Outono Códax Festival

O pasado sábado o restaurante Resas acollía a presentación da tapa oficial do Outono Códax Festival, o festival de música negra que se está a celebrar en Compostela. O evento, organizado en colaboración con Pincha(e)Discos contou coa actuación en directo dos Velvet Candles, considerado como un dos mellores grupos estatais … Segue lendo

Transilvanians, a piques de abrir o Outono Códax Festival: “Unimos dúas paixóns: a música negra dos 60 e o terror”

Os sete membros dos Transilvanians que actuarán o sábado en Santiago.

Dentro dunha semana, o sábado 19 de setembro, comeza o Outono Códax Festival, o festival que desde fai cinco anos trae a Compostela o mellor da música negra do panorama mundial. Así, o escenario da Sala Capitol encherase de estrelas como Naomi Shelton ou Tommy Hunt. E xunto a eles, veremos … Segue lendo

Levámoste a ver á raíña do soul de Nova Orleans, Irma Thomas, no seu concerto do Outono Códax Féstival

Irma Thomas.

A Sala Capitol acollerá o próximo 27 de setembro o segundo dos concertos do Outono Códax Festival. O espectáculo terá como máxima protagonista á chamada raíña do soul de Nova Orleans. Irma Thomas, que algúns críticos sitúan ao carón de Aretha Franklin e Etta James, amosará por primeira vez en … Segue lendo

Na procura do mellor café de Santiago

Os composteláns somos bos cafeteiros… pero cal é o mellor café que sirven na cidade? Pincha(e)Discos proponche participar nun divertido concurso! Buscamos o local compostelán que máis rico o faga. E para iso, precisamos da túa opinión! Comenta as túas propostas nesta entrada ou nas nosas contas de Facebook, Twitter … Segue lendo