Escribindo entre os viñedos de Adegas Galegas e Bodegas Martín Códax

Viñedos en O Rosal de Adegas Galegas.

“Ao final o viño é unha expresión da súa procedencia, do conxunto do solo, da orientación das vides”… Como si dun poema se tratase, mesmo dunha historia de amor, así falan dos seus viños e do seu traballo os membros do equipo de Adegas Galegas e Bodegas Martín Códax. Escribindo entre … Segue lendo

O Godeval Revival estréase en Santiago entre bloggers e amantes do viño

Un viño con carácter marcado, personalidade, certa cremosidade e aromas cítricos. Así definiu a sumiller Mercedes González o novo Godeval Revival (Recuperación de Viñedos de Valdeorras) que se presentou esta mañá en Santiago. O acto celebrouse no Espazo Campus Stellae, da Praza da Quintana, e a el asistiron a conselleira … Segue lendo

De festa con viños do Ribeiro, música dj e petiscos de Pepe Solla

O Museo Centro Gaiás acolleu onte unha nova sesión do ciclo Enocións by Ribeiro na que participaron o cociñeiro Pepe Solla, a catadora Cristina Alcalá e a DJ Analís. Comida, viño e música… Como non íamos estar alí os de Pincha(e)Discos? Puntuais, ás 19:00 horas, chegamos á Cidade da Cultura … Segue lendo

Pinka: Chegou a primavera

Nesta nova colaboración para falar de viños galegos, viramos agora cara a provincia de Ourense, zona de Cenlle, pretiño de Ribadavia. De novo buscamos un viño diferente, sorprendente, ben feito, e sobre todo, que guste, para querer repetir e repetir; e, unha vez máis, penso que certaremos con esta escolla. … Segue lendo

Pablo Carbonell regresa a Compostela para un concerto benéfico con cata de Ribeiros: “Estou namorado da centola”

Cales son as dúas cousas que máis nos gustan en Pincha(e)Discos? A gastronomía e a cultura. E se mesturamos as dúas nun mesmo acto cunha fin solidaria mellor que mellor! Ese é o caso do concerto que ofrecerá este sábado, 6 de decembro, ás 21:30 horas no Hostal dos Reis … Segue lendo

Dous días para probar na Alameda de Santiago os mellores produtos de Galicia Calidade

O camión de Galicia Calidade xa está ‘aparcado’ na Alameda de Santiago. Aquí pasará dous días, hoxe venres 28 e mañá sábado 29 de novembro, para seguir despois a súa ruta polas sete principais cidades galegas. Dentro realizaranse diversos showcookings, catas de viños e degustacións de produtos amparados por esta … Segue lendo