Pedro e Pablo Pascual: da cociña aos escenarios

Pedro e Pablo Pascual son irmáns, músicos e amantes da cociña. Foto: Suso Rivas

Aquí os tedes. Irmáns xemelgos, emigrantes, fillos e netos de hostaleir@s e grandes amantes da cociña,  deron un paso adiante para cambiar as brasas por fermosas melodías e volveron a Galicia para se converteren nuns dos nosos mellores músicos. Para quen non os coñeza, chámanse Pedro e Pablo Pascual, e no … Segue lendo

IRIA ESTÉVEZ: “CANTO DENDE A SINCERIDADE E A ENTREGA MÁIS ABSOLUTA”

Lembro perfectamente o día que coñecín a Iria. Foi na Nave de Vidán hai xa un par de anos. Había unha cea con comida típica de Portugal amenizada polo grupo Clave de fado, sen dúbida un bo plan para unha noite de fin de semana. Cando chegamos ao local atopei … Segue lendo

Andrés Penabad: “Bipolar é un disco pensado para os directos coa miña banda”

Cunha caña de por medio na Praza de Cervantes compostelá (á que el convidou, débese dicir, porque quedou gravado ;)) converso con Andrés Penabad, gran acordeonista, amigo e veciño das Pontes, que acaba de presentar o seu segundo disco, Bipolar, no que reúne composicións propias, de Fernando Barroso e dúas … Segue lendo

Brais Morán: “Cruzando o eclipse é un antes e un despois, un paso cara á madurez”

A xente que me coñece sabe que son unha gran admiradora da voz do sr. Carlos Tarque, cantante de M-Clan. Encántame a sonoridade do grupo, sobre todo a da súa primeira etapa. Foi inmensa a miña sorpresa cando escoitei o primeiro traballo en solitario do meu bo amigo Brais Morán, … Segue lendo

NASTASIA ZÜRCHER: “My Flight anima ás persoas a confiar nos seus soños”

Nastasia Zürcher

Comeza a notarse o frío nas rúas de Compostela. Aquí estou, ao lado do Derbi, agardando a unha gran amiga para que me conte que sente despois da presentación do seu primeiro traballo discográfico hai soamente unhas semanas na Sala Capitol. Por suposto, estiven alí. Fun testemuña, como moitas outras … Segue lendo

Davide Salvado: “Lobos dignifica esas melodías arcaicas das que se pensa que só se poden tocar con pandeireta”

Davide Salvado é un dos referentes da música tradicional galega. Foto: Víctor Nieves.

A el pegáballe máis unha fraga, un pazo ou mesmo un pub calquera do casco vello de Compostela, mais Davide e máis eu rematamos tomando un café e un zume de laranxa (porque el non toma lácteos) no Café Casino, ‘secuestrado’ no medio de todo o rebumbio mediático da presentación … Segue lendo